Entreno Proba Campo a Través

Boas zaseir@s!


O pasado venres 28  de novembro, levouse a cabo no tempo do recreo e nas pistas de atletismo do centro,  un entreno como preparación da proba de campo a través que se celebrará o martes 4 de decembro no Concello da Baña. 


O alumnado que de forma voluntaria quiso participar no entreno, clasificámolos nas seguintes categorías; 

  • Benxamíns (2º e 3º de E.P.) tiveron que correr 500m.
  • Alevíns (4º e 5º de E.P) tiveron que correr 1000m.
  • Infantís (6º E.P.) tiveron que correr 1200m.
A continuación, amosamos unhas fotos e vídeos do entreno!!


Saída Benxamíns

Chegada  a meta Benxamíns.


Alevíns.
Saída Alevíns.


Infantil Femenino.