Novas propostas de actividades de E.F. para realizar na casa

Ola familias do CPI de Zas!
Dende o departamento de Educación Física de educación infantil e primaria deixamos a vosa disposición diferentes actividades para poder realizar algo de actividade física en familia.  

Cada dúas ou semanas máis ou menos, propoñereivos aquí algúns exercicios ou tarefas para que poidades realizar na vosa casa. 

Recordade que son voluntarias. Sempre se deben facer con supervisión dos pais ou acompañantes maiores de idade. 


Alumnado de E.I. Pinchar Aquí


Alumnado de 1º e 2º E.P. , Pinchade Aquí


Alumnado de 3º e 4º E.P., Pinchade Aquí:


Alumnado de 5º e 6º E.P. Pinchade  aquí:


Como sabedes o alumnado de 3º a 6º de E.P. tivo como tarefa voluntaria a realización dun póster sobre unha muller deportista sobresaínte nalgunha modalidade deportiva específica.

Deixamos aquí unha pequena presentación dalgúns traballos recopilados, esperemos que pouco a pouco o resto de compañeir@s se animen a mandar o seus. Bo traballo deportist@as!!!

Espero que vos guste!


A familia Pérez Diz, amósanos nestes vídeos como se manteñen en forma dende a casa. Ben feito!


Agora Ioga!!

Estiramentos.


A familia Nieto Lago, envíanos un vídeo levando a práctica o xogo da Oca de Educación Física, mirade que ben o pasan!!