Campo a Través Fase Intercomarcal

Ola zaseir@s!

O venres 25 de xaneiro, 12 alumn@s do centro participaron na Fase Intercomarcal de Campo a Través que se celebrou no circuíto Virxe de Loreto en Porto do Son.

A nosa compañeira Ada Gramage, participou na categoría alevín femenino, na que tivo que correr 800m. Acadou unha boisíma posición quedando no duodécimo posto dun total de 77 participantes.


Noraboa Ada!!


As seguintes en participar foron as nosas compañeiras do equipo infantil femenino, tiveron que correr un total de 1200m. 

Fixeron unha moi boa participación, xa que competiron con corredoras de gran nivel pertencentes a clubs deportivos de atletismo.

A corredora do noso centro que acadou a millor posición foi Alicia, quedando na trixésimo primeira posición dun total de 71 participantes.



Cabe destacar o  esforzo e a boa actitude como equipo, das nosas compañeiras durante toda a proba, ben feito chicas!!

Os últimos participantes en correr, foron os nosos compañeiros pertencentes a categoría cadete masculino. Tiveron que correr nada máis e nada menos que 2000m. 

A pesar do gran nivel da categoría, cabe destacar a nivel individual, o noso compañeiro Álvaro, quedando no vixésimo primeiro posto dun total de 61 participantes. 


Ben feito rapaces!!!

Aquí está o vídeo - resumo da xornada;

Video Fase Intercomarcal Campo a través Porto do Son from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.