Quinta Xornada Esquivar e Dar


Ola zaseir@s!

Na quinta xornada de Esquivar e Dar, Adrián de 5º de E.P. e Laura A. de 6º E.P. foron os encargados de facer a reportaxe desta sección deportiva. 
Moitas grazas! 

Aquí tedes ás gravacións;


Provincial Campo A Través

Ola!

Son Ada,o pasado venres 25 de  febreiro, fun ao Campeonato Provincial de Campo A través que se disputaba en Noia.

Acompañáronme os meus pais. Ese día paseino xenial disfrutando dunha mañá estupenda en familia. Eu competín na categoría alevín femenino, tiña que correr 800 metros. Cabe destacar que de 60 corredoras que participaban, quedei en decimocuarta posición.

Nesa carreira, aprendín o gran esforzo de crer que cando pensas que xa non podes máis.... sorpréndeste ata a ti mesmo, porque eu no tramo final non sei de onde saquei forzas para conseguir adiantar a 3 rivais no último tramo da meta.

Aínda que me quedei as portas do Campeonato Galego de Campo A Través, quedei moi satisfeita e orgullosa coa miña participación representando ao CPI de Zas.

Aquí quedan unhas imaxes da miña participación no Campionato Provincial de Campo A Través. Espero que vos gusten!!