Ola deportist@s!
Hoxe 28 de abril, celebramos o Día da E.F. 2020 dende as nosas casas.
O DEFC 2020, ten por como obxectivo mostrar a milleiros de personas a actual Educación Física: integradora, variada, cooperadora, divertida e transmisora de grandes valores.
Este ano é o primeiro que participamos dende o CPI de Zas, e quero agradecer de corazón a todas as persoas que participaron na realización dos pequenos vídeos.
Moitas grazas a alumnos/as, familias, profesorado e persoal non docente por axudar a facer un vídeo que amosa unha forma diferente de facer actividade física, xa que este ano toca cuidarse e exercitarse a distancia e dende as nosas casas.👏👏👏👏👏
O traballo en equipo fixo que puideramos montar unha coreografía de aeróbic marchosa e divertida.👍
Espero que vos guste!!