POLO SAN MARTIÑO,
PEÓNS AO CAMIÑO...
E POLO SAN AMARO,
PEÓNS AO FAIADO.
Estes dous refráns invitánnos a bailar os peóns antes de que chegue o mes de xaneiro.
No CPI de Zas fixémoslles caso, e o 12 de novembro, celebramos o Día do Peón e saímos ao patio para bailalo.
Para motivarvos aínda máis decidimos retar ao alumnado veciño da nosa localidade e batirnos en duelo co CEIP Labarta Pose. O obxectivo consistiu en bailar o maior nº de trompos durante o maior tempo posible.
Coa colaboración do equipo de EDLG fíxemos o cartaz que serviu para promocionar o Día do Peón,o cal forma parte da tradición lúdica e cultural galega.
Aquí vos deixo un vídeo resumo con fotos que amosan a vosa participación no Día do peón:
E tamén podedes consultar no seguinte enlace o vídeo do CEIP Labarta Pose de Baio.
Noraboa a todas e a todos. Repetiremos o vindeiro curso.