San Martiño no CPI de Zas

Ola deportist@s!!

POLO SAN MARTIÑO, 
PEÓNS AO CAMIÑO...

E POLO SAN AMARO, 
PEÓNS AO FAIADO.

Estes dous refráns invitánnos a bailar os peóns antes de que chegue o mes de xaneiro. 

No CPI de Zas fixémoslles caso, e o 12 de novembro, celebramos o Día do Peón e saímos ao patio para bailalo. 

Para motivarvos aínda máis decidimos retar ao alumnado veciño da nosa localidade e batirnos en duelo co CEIP Labarta Pose. O obxectivo consistiu en bailar o maior nº de trompos durante o maior tempo posible.

Coa colaboración  do equipo de EDLG fíxemos o cartaz que serviu para promocionar o Día do Peón,o cal forma parte da tradición lúdica e cultural galega.


Aquí vos deixo un vídeo resumo con fotos que amosan a vosa participación no Día do peón:

 


E tamén podedes consultar no seguinte enlace o vídeo do CEIP Labarta Pose de Baio. 

Noraboa a todas e a todos. Repetiremos o vindeiro curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario