Como sabedes hoxe conmemórase o Día da Muller Traballadora. Todos e todas estamos rodeados de grandes mulleres traballadoras; avoas, nais, irmáns, fillas, amigas...polo que podemos decir que son as nosas heroínas, xa que son as mulleres da nosa vida, as que nos inspiran , as que nos dan refuxio, amor incondicional, as que nos ensinan a crecer e a loitar para avanzar no cometido desexado, etc. Por todas elas deberiamos ter presente o DÍA DA MULLER TRABALLADORA ONTE, HOXE E MAÑA.
Tendo en conta dita conmemoración imos aproveitar esta temática para reflexionar e traballar o papel da muller no deporte.
Poderíamos considerar que a práctica do deporte comeza na antigüidade cos gregos, que o practicaban orixinalmente en actos relixiosos, en honra aos deuses e en imitación das heroicas fazañas. ¿Sabías que nestas competicións estaba prohibido non só a participación das mulleres, senón tamén a súa mera presenza.
Moitos
séculos despois, a primeira edición de hoxe coñecida como Xogos Olímpicos tivo
lugar en Atenas en 1896. Non obstante, a presenza de mulleres no deporte tivo
que esperar aínda máis, xa que ao longo de varios anos tiveron que romper as
barreiras estereotipos (a suposta inferioridade física), barreiras sociais (o
papel da muller e a masculinización do seu corpo), asuncións e prexuízos
(deportes cada vez menos axeitados para eles). Grazas á valentía e tenacidade
dalgunhas destas mulleres que se atreveron a desafiar a orde establecida nesta
e noutras áreas da sociedade, hoxe temos grandes referencias que pasaron á
historia do deporte e que inspiran a miles de nenas que Poden dicir:
"Podo
ser ... futbolista, escaladora, nadadora,piloto...".
Actualmente somos conscientes do gran potencial que teñen as mulleres no deporte? Coñecemos moitas deportistas españolas que estén triunfando a nivel mundial ca práctica deportiva?
O alumnado de 5º e 6º de E.P. terá como misión investigar sobre o papel da muller no deporte femenino en España. Terá que confeccionar un póster que conteña:
Aquí vos deixo un vídeo que vos pode axudar a darvos unha idea sobre que deportistas podedes enfocar o voso traballo, ÁNIMO!!