Agora que xa podedes sair a rúa, aproveitade para movervos, canto máis millor!!
Lembrade cumplir as normas de hixiene e sacade forzas para pasear, andar en bici, patinar, xogar, correr, facer deporte....
A continuación, déixovos un vídeo onde os compañeiros/as de varios cursos do CPI de ZAS aparecen realizando diferentes deportes, xogos e actividades físicas no seu tempo de ocio ca finalidade de manterse activos.
Queres saír ti tamén no vídeo? Saca unha foto ou vídeo corto, onde se che vexa xogando, facendo exercicio físico ou deporte e mándamo por correo electrónico a zasmovese@gmail.com
Con todas as fotos recopiladas, farei outro vídeo e así podedes ver aos vosos compañeiros/as que xa levades tempo sen ver!!
Animádevos!!!👍👍