Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño, dende a área de Educación Física do CPI de ZAS, puxemos o noso graniño de area incidindo na importancia da reciclaxe para coidar o planeta.
O alumnado de educación primaria do centro, durante o confinamento empregou diferentes materiais de refugallo co obxectivo de darlles outro uso e confeccionar diferentes xoguetes e materiais. Con eles puideron manterse activos e practicar diferentes habilidades motrices dende as súas casas.
O bó faise esperar pero.... por fin vos podo ensinar as vosas creaccións, queredes velas?
E agora unhas fotos e vídeos de Brais e David que elaboraron con material de refugallo un xenial elefante de lanzamento , que chulo lles quedou!!
Mirade como practican a puntería!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
COIDA A NATUREZA
E SALVA O PLANETA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario