Ola familias e alumnado de 5º e 6º de E.P. do CPI de Zas.
Durante ás próximas semanas de confinamento na casa, dende a área de educación física, propóñemoslle ao alumnado do 3º ciclo (5º e 6º de E.P.), que fagan as actividades propostas que se atopan no seguinte enlace:
O primeiro documento que teredes que seleccionar e o que está titulado "activs. e.f. na casa 3º ciclo". Nese documento tedes ás instruccións das actividades que de carácter voluntario podedes facer na casa co fin de estar en forma e seguir repasando os contidos da área de educación física.
Se queredes comunicarme algo, facer algunha pregunta ou suxestión, mandar os debuxos e traballos realizados, fotos ou vídeos practicando exercico físico na casa etc. Podedes envialas ao seguinte email:
Un saúdo e Moito Ánimo!! Xuntos o conseguiremos!!👍👍👍