Boas Zaseir@s!
O venres 31 de maio, o alumnado de Educación Infantil e Primaria participou e gozou nunha xornada especial de cultura e deporte levada a cabo nun emblemático e tradicional espazo da localidade; "As Torres do Allo".
Nas Torres do Allo, os monitores Leo e Raquel distribuíronos en 3 grupos. Primeiro, realizáronos unha xenial visita guiada por todo o espazo interior e exterior das Torres no cal poidemos coñecer os elementos máis representativos do pazo, as edificacións, hórreos, pombais, igrexas, torres, as fontes, o medio natural ....
Posteriormente o alumnado de educación infantil, realizou un obradoiro de sementes mentres o alumnado de primaria participou nunha divertídisima gymkhana cultural de pistas.
Posteriormente tras recargar pilas ca merenda,volvimos a carga para participar nos diferentes xogos populares e tradicionais organizados para a ocasión aproveitando os xardíns do Pazo. Xogamos ao pano, a petanca, ao brilé, ás carreiras de sacos, a comba,relevos de millo, ao soga tira....
Rematados os xogos, púxemonos cómodos e aproveitando ás sombras das árbores aproveitamos para xantar todos xuntos en convivencia.
Gozamos da compañia, da música tradicional, o bo tempo, o medio natural... cabe destacar que o pasamos🎉🎉🎈 BOOMBA!!!💣💣💣💣
Aquí está o vídeo resumo;
Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
Mascotas Deportivas Vectorizadas
Ola deportist@s!
Lembrade que a partir deste curso 2019, a mascota deportiva que representará o CPI de Zas será o lobo "Wolfy". A mascota creada pola vosa compañeira Miriam Parajó (4º de ESO) foi a gañadora do concurso de mascotas.
Pois o profesor de debuxo Nacho Pascual e o grupo de 4º de ESO do centro educativo, fixeron un espectacular traballo de edición de imaxes. Partindo dos debuxos orixinais das mascotas semifinalistas, vectorizaron de forma dixital as imaxes conseguindo que as mascotas fosen máis explosivas e chamativas para o espectador. Fixeron un traballo xenial!! NORABOA!!!
Aqui tedes a foto cos debuxos orixinais das mascotas semifinalistas:
Debuxo orixinal presentado por Miriam Parajó gañadora do concurso de mascotas con Wolfi:
Aquí tedes o vídeo resumo do espectacular traballo de vectorización do alumnado de 4º de ESO baixo a supervisión do seu profesor Nacho Pascual.

Vectorización da mascota Wolfy feita por Mario de 4º de ESO:
Aquí tedes o vídeo resumo do espectacular traballo de vectorización do alumnado de 4º de ESO baixo a supervisión do seu profesor Nacho Pascual.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)