Boas Zaseir@s!
O venres 31 de maio, o alumnado de Educación Infantil e Primaria participou e gozou nunha xornada especial de cultura e deporte levada a cabo nun emblemático e tradicional espazo da localidade; "As Torres do Allo".
Nas Torres do Allo, os monitores Leo e Raquel distribuíronos en 3 grupos. Primeiro, realizáronos unha xenial visita guiada por todo o espazo interior e exterior das Torres no cal poidemos coñecer os elementos máis representativos do pazo, as edificacións, hórreos, pombais, igrexas, torres, as fontes, o medio natural ....
Posteriormente o alumnado de educación infantil, realizou un obradoiro de sementes mentres o alumnado de primaria participou nunha divertídisima gymkhana cultural de pistas.
Posteriormente tras recargar pilas ca merenda,volvimos a carga para participar nos diferentes xogos populares e tradicionais organizados para a ocasión aproveitando os xardíns do Pazo. Xogamos ao pano, a petanca, ao brilé, ás carreiras de sacos, a comba,relevos de millo, ao soga tira....
Rematados os xogos, púxemonos cómodos e aproveitando ás sombras das árbores aproveitamos para xantar todos xuntos en convivencia.
Gozamos da compañia, da música tradicional, o bo tempo, o medio natural... cabe destacar que o pasamos🎉🎉🎈 BOOMBA!!!💣💣💣💣
Aquí está o vídeo resumo;
Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario