Xornada Deportiva Intercentros 3º e 4º de E.P.

Ola de novo!

Nesta entrada toca facer mención ao alumnado do centro que cursa 3º e 4º de E.P. Xa que o martes 28 de xaneiro, desprazouse a Sta Comba para levar a cabo unha xornada deportiva intercentros co Colexio Nosa Señora da Inmaculada.

Esta actividade enmarcada dentro do programa XOGADE permite que o alumnado do CPI de Zas disfrute en compañía doutros alumnos/as de localidades próximas da práctica de deportes como o balonmán, fútbol e brilé.  

Aquí unha mostra da estupenda xornada deportiva levada a cabo: