Hoxe traio unha proposta na que se require a máxima participación de todos e todas. Temos como reto crear unha coreografía de aeróbic en grupo pero dende un escenario diferente, xa que teremos que facela cada un dende as nosas casas.
Desta forma o CPI de Zas participará oficialmente na Conmemoración do Día da Educación Física que terá lugar o próximo 28 de abril.
Aquí tedes o cartaz:
Buscamos CONSEGUIR entre todos e todas,
darlle visibilidade o Día da Educación Física.Durante o confinamento está a demostrarse que a
EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das
persoas e, por iso, seguimos reivindicando o lugar que lle corresponde á nosa
materia.
Agora é o momento de explicarvos cál e a proposta que propoñemos dende o CPI de Zas. Estade atentos!! 👀
Proposta:
Todos/as (alumnado, profesorado e
familias), participaremos na elaboración dun vídeo final no que
aparezcamos realizando pasos de aérobic ao ritmo dunha canción.
O 28 de abril DÍA DA E.F., colgarase
o resultado final da proposta na web do centro e blogues relacionados.
Procedemento:
Cada curso e/o ciclo terá uns
pasos básicos de aérobic asignados que terá que practicar e
posteriormente executar gravando un vídeo.
Pasos a seguir:
- O alumnado o realizará o paso asignado na casa ca súa familia podendo empregar o vestuario e /os carteis, adornos que se lle ocurran.
- Gravará un vídeo de 8-10 segundos de duración sen música de fondo.
- A familia ou o alumnado enviará o vídeo con data límite o 26 de abril á: zasmovese@gmail.com
- Con todos os anacos de vídeo facemos unha montaxe final ca música seleccionada de fondo (“Resistiré “a versión nova do Dúo Dinámico).
Importante
hai que seguir estes consellos para as gravacións:
- Cámara horizontal.
- Duración 8-10 segs máximo sen música de fondo.
- Non mover a cámara na gravación.
NOTA: o feito de enviar o vídeo facendo aeróbic,
implica o seu permiso para incluír a imaxe no vídeo para a súa publicación na
páxina web do colexio e blogues relacionados co centro educativo.
Asignación de pasos básicos de aeróbic por etapa, ciclo ou curso:
(Para poder ver os vídeos, pinchade encima da etapa, ciclo, curso ou nome dos pasos no caso de 4º de ESO)
(Para poder ver os vídeos, pinchade encima da etapa, ciclo, curso ou nome dos pasos no caso de 4º de ESO)
INFANTIL Marcha con ou sen palmas
1º CICLO (1º e 2º E.P.) Lado a Lado.
3º CICLO (5º e 6º E.P.) Balanceo
1º ESO UVE
2º ESO DOBLE PASO CRUZADO
3º ESO CHARLESTÓN
OUTROS PARTICIPANTES Escoller o paso que máis lle guste dos seguintes que aparecen nos vídeos: Coreografía Resistiré / Pasos Básicos Aeróbic
Calquera dúbida ou pregunta que queirades facer mandade un correo a zasmovese@gmail.com. Lembrade mandar o vídeo antes do 27 de abril.
Se tedes problemas para adxuntar o voso vídeo ca gravación podedes mandalo a través da aplicación gratuíta we transfer, coa vosa dirección de correo electrónico poderedes mandarme o archivo.Para aceder a ela pinchade aquí.
CONTO CON TOD@S VÓS!! ANÍMADEVOS A PARTICIPAR!!! 💪💪💪
Ningún comentario:
Publicar un comentario