Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades
e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
O pasado venres 5 de abril, o alumnado de educación infantil e educación primaria participou nun obradoiro e circuíto de Educación Vial organizado pola Policía Local da localidade en colaboración ca Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
Aprendimos cómo debemos comportarnos na rúa e na estrada como peóns, ciclistas, usuarios de monopatíns e karts. Foi unha experiencia de aprendizaxe inesquecible!!
Ola deportistas!! O xoves 4 de abril, disputouse o último partido da liga de Esquivar e Dar levada a cabo nos recreos durante todo o 2º trimestre do curso escolar. Aquí tedes o vídeo resumo da xornada relatado polas nosas compañeiras Ariana de 3º de E.P. e por María de 6º de E.P.
Finalizados todos os encontros deportivos da liga de esquivar e dar, a clasificación final das respectivas ligas quedou da seguinte maneira:
Como podedes observar os resultados foron axustadísimos e moi igualados, pero... finalmente os campións da liga foron:
"Os Matapicaos" con 31 puntos na liga de 3º ciclo.
"Os Cocodrilos" con 30 puntos na liga correspondente ao 2º ciclo.
PARABÉNS ESPECIAS A TODOS OS XOGADOR@S, POLA SÚA IMPLICACIÓN, ESFORZO E XOGO LIMPO NOS PARTIDOS DISPUTADOS!!🏆🏆 A competición deportiva escolar continua e o deporte escollido polo alumnado para practicar nos recreos do 3º trimestre será o Basket!!🏀🏀