Proba de Campo A Través (A Baña)

Ola de novo!

O pasado martes 4 de decembro, os alumn@s máis deportistas do CPI de Zas participaron un ano máis, no Campionato Zonal da modalidade de Campo A Través do programa XOGADE, celebrado no Concello da Baña.

Cabe destacar que os "nosos deportistas" fixeron unha moi boa participación, competindo con deportividade e amosando en todo momento unha actitude exemplar tanto na proba reina, como actuando como público, animando aos seus compañeir@s e respetando aos rivais. 

Bo traballo e ben feito campións!!

Cabe facer especial mención aos dous alumn@s do centro que conseguiron podium nas súas categorías que foron:


  • Ada Gramage, na categoría alevín femenino (2ª posición).
  • Álvaro Suárez, na categoría cadete masculino (3ª posición).                         


Noraboa!! 



Velaquí unhas fotos para o recordo.


Benxamín Masculino.


Benxamín Femenino

Alevín Masculino
Alevín Femenino

Infantil Femenino


Infantil Masculino


Cadete Femenino

Cadete Masculino


Por fin tedes aqui o vídeo resumo da xornada!!
CAMPO A TRAVES cpi de Zas 4 dic from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.

Entreno Proba Campo a Través

Boas zaseir@s!


O pasado venres 28  de novembro, levouse a cabo no tempo do recreo e nas pistas de atletismo do centro,  un entreno como preparación da proba de campo a través que se celebrará o martes 4 de decembro no Concello da Baña. 


O alumnado que de forma voluntaria quiso participar no entreno, clasificámolos nas seguintes categorías; 

  • Benxamíns (2º e 3º de E.P.) tiveron que correr 500m.
  • Alevíns (4º e 5º de E.P) tiveron que correr 1000m.
  • Infantís (6º E.P.) tiveron que correr 1200m.
A continuación, amosamos unhas fotos e vídeos do entreno!!


Saída Benxamíns

Chegada  a meta Benxamíns.


Alevíns.
Saída Alevíns.


Infantil Femenino.

Colaboradores préstamo material deportivo nos recreos de decembro

Ola de novo!

No mes de decembro, os alumn@s que cursan 3º de E.P. ofrecéronse voluntarios/as, para encargarse do baúl de préstamo de material deportivo nos recreos. Para que poidades seguir dende as vosas casas a quen lle toca cada día, deixamos aquí o calendario deste mes.

Da gusto vervos gozar dos recreos activos dunha forma saudable e divertida facendo deporte en compañia dos compañeiros/as.

Moitas grazas a tod@s!! 


Cuestionario Test sobre o Atletismo

Ola raparig@s!

O alumnado de 5º e 6º de E. P. nas sesións de educación física do mes de novembro, levou a cabo unha Undidade Didáctica sobre o Atletismo.




Para afianzar os conceptos e os contidos traballados sobre o atletismo, aquí vos deixamos un cuestionario test de repaso.

Próximas Xornadas e Clasificación Provisional Liga Brilé

Ola de novo!

Estas serán as próximas xornadas da liga de brilé que levaremos a cabo no 1º trimestre do curso escolar. Remataremos a liga salvo imprevistos, a finais do mes de xaneiro aproximadamente.

Ánimo raparig@s!


Móvete pola túa saúde

Ola raparig@s!

Nesta entrada do blogue, deixamos unhas recomendacións a seguir para ser persoas máis activas e mellorar a nosa sáude e calidade de vida.

É moi doado levalas a cabo e  axúdannos a sentirnos mellor e a rendir máis nos estudos!