Ola deportist@s!
A finais do mes de xaneiro daremos por finalizada a liga de Brilé.
A liga está moi reñida e igualada, así que nos últimos partidos que non falte o compañerismo, o traballo en equipo o esforzo e moito ánimo para pasalo ben!!
A continuación,podedes ver as datas das últimas xornadas.
Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
Encargados Material Recreos de xaneiro
Ola a tod@s!
No mes de xaneiro, os encargados de repartir e custodiar o baúl co material deportivo nos recreos, será ó alumnado de 2º de Educación Primaria.
Aquí vai o calendario;
No mes de xaneiro, os encargados de repartir e custodiar o baúl co material deportivo nos recreos, será ó alumnado de 2º de Educación Primaria.
Aquí vai o calendario;
A seguir xogando e desfrutando dos recreos activos!!
Debuxa a mascota deportiva do CPI de Zas
Ola familias!
Facendo "clic" na seguinte imaxe, poderedes descargar o documento para debuxar a vosa mascota, lembrade poñerlle un nome orixinal.
Os debuxos recolleranse á volta das vacacións de Nadal (preferiblemente deben entregarse aos titores correspondentes, con nome, apelidos e curso polo dorso do debuxo).
Moitas grazas pola vosa participación!!
Boas festas e feliz ano 2019!!!
Dende o Equipo de Educación Física e dentro do Proxecto Deportivo do Centro, estamos organizando un concurso de debuxo coa mascota deportiva do centro.
Consistiría en debuxar no modelo facilitado polo centro, unha mascota cun nome que simbolice o espíritu deportivo, o xogo limpo, os valores propios do deporte lúdico como medio para estar activos e saudables.
Mais para facelo, debemos contar coa vosa axuda de forma que orientedes, animedes e axudedes na medida do posible aos vosos fillos a levar a cabo dita proposta.
Soamente se levará a cabo a proposta, se hai un alta porcentaxe de colaboración por parte do alumnado do CPI de Zas.
Facendo "clic" na seguinte imaxe, poderedes descargar o documento para debuxar a vosa mascota, lembrade poñerlle un nome orixinal.
Os debuxos recolleranse á volta das vacacións de Nadal (preferiblemente deben entregarse aos titores correspondentes, con nome, apelidos e curso polo dorso do debuxo).
Moitas grazas pola vosa participación!!
Boas festas e feliz ano 2019!!!
Proba de Campo A Través (A Baña)
Ola de novo!
O pasado martes 4 de decembro, os alumn@s máis deportistas do CPI de Zas participaron un ano máis, no Campionato Zonal da modalidade de Campo A Través do programa XOGADE, celebrado no Concello da Baña.
Cabe destacar que os "nosos deportistas" fixeron unha moi boa participación, competindo con deportividade e amosando en todo momento unha actitude exemplar tanto na proba reina, como actuando como público, animando aos seus compañeir@s e respetando aos rivais.
Bo traballo e ben feito campións!!
Cabe facer especial mención aos dous alumn@s do centro que conseguiron podium nas súas categorías que foron:
- Ada Gramage, na categoría alevín femenino (2ª posición).
- Álvaro Suárez, na categoría cadete masculino (3ª posición).
Noraboa!!
Velaquí unhas fotos para o recordo.
![]() |
| Benxamín Masculino. Benxamín Femenino |
![]() |
| Alevín Masculino Alevín Femenino |
![]() |
| Infantil Femenino |
Infantil Masculino
![]() |
| Cadete Femenino |
![]() |
| Cadete Masculino Por fin tedes aqui o vídeo resumo da xornada!! |
Entreno Proba Campo a Través
Boas zaseir@s!

O alumnado que de forma voluntaria quiso participar no entreno, clasificámolos nas seguintes categorías;
O pasado venres 28 de novembro, levouse a cabo no tempo do recreo e nas pistas de atletismo do centro, un entreno como preparación da proba de campo a través que se celebrará o martes 4 de decembro no Concello da Baña.
O alumnado que de forma voluntaria quiso participar no entreno, clasificámolos nas seguintes categorías;
- Benxamíns (2º e 3º de E.P.) tiveron que correr 500m.
- Alevíns (4º e 5º de E.P) tiveron que correr 1000m.
- Infantís (6º E.P.) tiveron que correr 1200m.
A continuación, amosamos unhas fotos e vídeos do entreno!!
Chegada a meta Benxamíns.
Alevíns.
![]() |
| Saída Alevíns. |
Colaboradores préstamo material deportivo nos recreos de decembro
Ola de novo!
No mes de decembro, os alumn@s que cursan 3º de E.P. ofrecéronse voluntarios/as, para encargarse do baúl de préstamo de material deportivo nos recreos. Para que poidades seguir dende as vosas casas a quen lle toca cada día, deixamos aquí o calendario deste mes.
Da gusto vervos gozar dos recreos activos dunha forma saudable e divertida facendo deporte en compañia dos compañeiros/as.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












