Remate Liga de Brilé nos recreos

Ola de novo!

O pasado xoves 31 de xaneiro, disputouse o último partido da liga de brilé que se levou a cabo durante os últimos meses.

O equipo gañador da liga foi o equipo "Maxipandilla", que cun total de 36 puntos, gañou todos os partidos que disputou de forma deportiva. 

O equipo subcampeón foi o "Rompehuesos" cun total de 32 puntos. 

O terceiro posto da liga o levaron dous equipos, xa que empataron a 30 puntos, éstes foron "Os increíbles" e os "Gañadores"

Parabéns para tod@s!!

Dar a noraboa a todos ós participantes polo seu esforzo, interese, xogo limpo e bo compañerismo levado a cabo.

Como agasallo para todos os equipos participantes deixámos aquí un video resumo dalgunhas das xornadas que se levaron a cabo.

Vídeo resumo liga brilé from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.

Campo a Través Fase Intercomarcal

Ola zaseir@s!

O venres 25 de xaneiro, 12 alumn@s do centro participaron na Fase Intercomarcal de Campo a Través que se celebrou no circuíto Virxe de Loreto en Porto do Son.

A nosa compañeira Ada Gramage, participou na categoría alevín femenino, na que tivo que correr 800m. Acadou unha boisíma posición quedando no duodécimo posto dun total de 77 participantes.


Noraboa Ada!!


As seguintes en participar foron as nosas compañeiras do equipo infantil femenino, tiveron que correr un total de 1200m. 

Fixeron unha moi boa participación, xa que competiron con corredoras de gran nivel pertencentes a clubs deportivos de atletismo.

A corredora do noso centro que acadou a millor posición foi Alicia, quedando na trixésimo primeira posición dun total de 71 participantes.



Cabe destacar o  esforzo e a boa actitude como equipo, das nosas compañeiras durante toda a proba, ben feito chicas!!

Os últimos participantes en correr, foron os nosos compañeiros pertencentes a categoría cadete masculino. Tiveron que correr nada máis e nada menos que 2000m. 

A pesar do gran nivel da categoría, cabe destacar a nivel individual, o noso compañeiro Álvaro, quedando no vixésimo primeiro posto dun total de 61 participantes. 


Ben feito rapaces!!!

Aquí está o vídeo - resumo da xornada;

Video Fase Intercomarcal Campo a través Porto do Son from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.

Xornada deportiva intercentros 3º ciclo E.P.

Ola!!

O mércores 23 de xaneiro, o alumando que cursa 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro, desprazouse ao CEIP Labarta Pose de Baio para gozar dunha xornada de convivencia deportiva  entre os dous centros.

Alí disputáronse de forma exemplar, sen competitividade e primando o xogo limpo por riba do resultado, diferentes deportes como foron o balonman, o basket, o brilé e o fútbol.

Gozamos en compañía doutros compañeir@s, e queremos agradecer ao colexio de Baio por invitarnos e por recibirnos e tratarnos tan marabillosamente ben, estivo todo moi ben organizado e pasámolo pipa!!!

A continuación podedes ver un vídeo - resumo da xornada. 


Xornada deportiva intercentros Baio- Zas. from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.

Exposición mascotas deportivas

Ola rapaz@s!
Deseguido poderedes ollar as mascotas debuxadas polo alumnado do centro.

Nos próximos días, procederemos a votación para elexir a que máis guste a maioría do alumnado e profesorado do centro.

Moitas grazas a tod@s pola gran participación na proposta.

INFANTIL
   

                                                      1º E.P. 



2º E.P.


3º E.P. 



4ºE.P. 

5º E.P.

6º E.P.

 1º E.S.O. 

2º E.S.O. 

3º e 4º de E.S.O.

Últimas xornadas da liga de Brilé nos recreos

Ola deportist@s!

A finais do mes de xaneiro daremos por finalizada a liga de Brilé. 

A liga está moi reñida e igualada, así que nos últimos partidos que non falte o compañerismo, o traballo en equipo o esforzo e moito ánimo para pasalo ben!!

A continuación,podedes ver as datas das últimas xornadas.


Encargados Material Recreos de xaneiro

Ola a tod@s!

No mes de xaneiro, os encargados de repartir e custodiar o baúl co material deportivo nos recreos, será ó alumnado de 2º de Educación Primaria.

Aquí vai o calendario;
     
A seguir xogando e desfrutando dos recreos activos!!