Próximas Xornadas e Clasificación Provisional Liga Brilé

Ola de novo!

Estas serán as próximas xornadas da liga de brilé que levaremos a cabo no 1º trimestre do curso escolar. Remataremos a liga salvo imprevistos, a finais do mes de xaneiro aproximadamente.

Ánimo raparig@s!


Móvete pola túa saúde

Ola raparig@s!

Nesta entrada do blogue, deixamos unhas recomendacións a seguir para ser persoas máis activas e mellorar a nosa sáude e calidade de vida.

É moi doado levalas a cabo e  axúdannos a sentirnos mellor e a rendir máis nos estudos!





Colaboradores préstamo material deportivo do mes de novembro

Ola de novo!

No mes de novembro todo o alumnado que cursa  4º de E.P. ofrecéuse voluntari@s para encargarse do baúl de préstamo de material deportivo nos recreos. Para que podades seguir dende as vosas casas a quen lle toca cada día deixamos aquí o calendario deste mes.

Da gusto vervos gozar dos recreos activos dunha forma saudable e divertida facendo deporte en compañia dos compañeiros/as.

Moitas grazas a tod@s!! 


Liga de Brilé nos recreos

Ola zaseir@s!

Neste slideshare podedes ver os nomes dos xogadores que conforman os equipos participantes, así como o regulamento da competición de brilé que se está disputando todos os martes e xoves nos recreos.

Cabe sinalar que á liga está tendo unha acollida magnífica polo alumnado participante, xa sexa como xogador/a, arbitro/a, anotador/a e sobre todo como animadores/as o que fai que o ximnasio vibre co espectacular ambiente deportivo que se está a vivir nos recreos activos.

Noraboa a todos os equipos!! Ata o de agora estades levando o protocolo de xogo limpo en todos os partidos, o profesorado está orgulloso de vós!! Seguide así raparig@s!!

Disfrutade xogando cos compañeir@s!

Lembrade que o máis importante por riba de todo é pásalo ben!!!


Cesión material deportivo nos recreos

Ola raparig@s de Zas!

Como xa sabedes dende o mes de outubro comezamos ca organización e cesión do baúl de material deportivo para o seu uso nos recreos.

Recordade que é responsabilidade de tod@s o coidado e bo uso do material para poder gozar del durante moito tempo. 

A finalidade é que disfrutedes do recreo dunha forma activa e divertida en compañía dos compañeiros/as  e onde debe primar a deportivade, o xogo limpo, a amizade e o disfrute por riba da competición.

Aquí vos deixo as normas de préstamo de material:


1.    @S ENCARGAD@S SERÁN @S QUE ABRIRÁN O BAÚL E REPARTIRÁN O MATERIAL TRAS APUNTALO NO CADERNO DE REXISTRO.

2.    O ALUMNADO QUE QUEIRA COLLER MATERIAL, TERÁ QUE ESPERAR EN FILA DIANTE DO BAÚL.

3.     O MATERIAL É PARA COMPARTIR, HAI QUE DEIXAR XOGAR A TODO NENO/A QUE QUEIRA PARTICIPAR.

4.    EVITAR COLLER O MATERIAL SEN PERMISO E SEN REXISTRARSE PREVIAMENTE NA LIBRETA DE APUNTAMENTO.

5.    O ALUMN@ QUE SE REXISTRE, TERÁ QUE DEVOLVER DA SÚA MAN O MATERIAL USADO EN BO ESTADO.

6.    EN CASO DE ROTURA OU PÉRDIDA DO MATERIAL, HABRÁ QUE AVISAR @S ENCARGAD@S, PROFES DE GARDA E MESTRA DE E.F.

7.    CANDO TOQUE A SEREA DE REMATE DO RECREO, DEVOLVERÁSE ORDEADAMENTE O MATERIAL EN PRÉSTAMO @S ENCARGAD@S PARA COLOCALO NO INTERIOR DO BAÚL.



                                           DISFRUTADE XOGANDO!!