Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades
e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
Boas deportist@s! Que tal de vacacións? Espero que estedes ben e que sigades facendo un pouco de exercicio físico a diario para manterse sans e activos. Aínda que ao final de curso xa vos mandei as recomendacións da área de educación física para ter un verán saudable, vounas colgar tamén no blogue para que as teñades a man dende este formato, ok!!
Intentade levalas a cabo xa veredes o ben que vos ides sentir!!
Nesta entrada no blogue voulle pedir un favor ao alumnado de 5º e 6º de E.P. Pídovos que me cubrades o cuestionario que vos mando con total sinceridade. O cuestionario é totalmente anónimo e ten por finalidade valorar a área de E.F. e a súa vez axudarme a millorar a miña labor como docente nun futuro. O resto do alumnado de primaria xa recibirá ou recibiu este cuestionario por medio dos seus titores.
Ola raparig@s! O curso está chegando ao seu fin... así que seguramente este sexa o último vídeo do curso onde aparece o alumnado do centro practicando exercicio físico e deporte dende as súas casas co fin de manterse activos e saudables. Déixovos dous vídeos a continuación:
Os nosos compañeiros/as do cole, Ana e Raúl tamén nos queren amosar as diferentes actividades físcias e xogos que realizaron na casa no mes de xuño.
Ola deportist@s! Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño, dende a área de Educación Física do CPI de ZAS, puxemos o noso graniño de area incidindo na importancia da reciclaxe para coidar o planeta. O alumnado de educación primaria do centro, durante o confinamento empregou diferentes materiais de refugallo co obxectivo de darlles outro uso e confeccionar diferentes xoguetes e materiais. Con eles puideron manterse activos e practicar diferentes habilidades motrices dende as súas casas. O bó faise esperar pero.... por fin vos podo ensinar as vosas creaccións, queredes velas?
E agora unhas fotos e vídeos de Brais e David que elaboraron con material de refugallo un xenial elefante de lanzamento , que chulo lles quedou!!
Boas desportist@s!! Xa entramos na penúltima semana do curso escolar 2019-20, quen o diría!! A partires de agora, as actividades da área de educación física que vos propoño van ser voluntarias, non teredes a obriga de facelas se non vos apetece, dacordo!! O que sí vos pido e que sigades facendo actividade física ou deporte polo menos 30 min durante 3/ 4 días á semana. O ideal e que fagades exercicio físico a diario! Vale xogar a pelota, saltar, andar en bici, patinar… Fácil non? Déixovos aquí as tarefas voluntarias de Educación Física para á semana do 8 ao 15 de xuño.Premede na imaxe de abaixo. Alí atoparedes un documento coa proposta das actividades.
Ola!! Que tal ides deportist@s! Como pasa o tempo, xa estamos en xuño e polo tanto entramos na recta final do curso escolar 2019-20.
Déixovos aquí as tarefas de Educación Física paraá semana do 1 ao 8 de xuño.
O procedimento a seguir será o mesmo das semanas anteriores.
A continuación, tedes que premer na imaxe de abaixo. Alí atoparedes un documento coa explicación das tarefas propostas para esta semana. Tedes que ler con atención!!