O mércores 13 de marzo o alumnado que cursa 1º, 2º e 3º de educación primaria recibiu unha visita moi especial. Tivemos a gran sorte de recibir a gran piloto de Rally, Autocross e Kartcross; "Sandra García Cambón".
A piloto, natural de Ponteceso e a única piloto galega en competir no nacional absoluto de autocross, é unha das poucas mulleres que compite ao máis alto nivel no deporte das catro rodas.
Contounos que empezou a competir no 2008 en diferentes Rallys, que é ela a que fai de mecánica do seu coche de carreiras, a que se encarga de buscar patrocinadores para poder competir, ensinounos o seu casco de competición, a vestimenta que emprega; botas, mono...
Fixemoslle un montón de preguntas que ela respondeu de forma moi amable e sempre cun sorriso nos beizos.
Quedamos encantados de coñecela e saber moito máis da súa faceta como muller deportista nun mundo tradicionalmente copado por homes.
Ofrecimoslle moitos ánimos para que siga deixando o listón moi alto en todas as súas carreiras e que siga cumplindo os seus soños.
Moitas grazas pola túa visita!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario