Fase Intercomarcal Campo a Través

Boas deportist@s!!

Medio millar de rapaces e rapazas, entre os cales se atopaban seis alumnos/as do CPI de Zas participaron o pasado venres 17 de xaneiro, na fase intercomarcal de la Liga Xogade de campo a través celebrada en Noia.

Na categoría benxamín masculino estaban convocados a participar: 


Manuel Antelo.
Iván Bouzas.
Christian López.
Darío Negreira.
Adrián Ferreiro.
Brais Recarey.

Por enfermidade ausentáronse Adrián e Brais, así que competimos nesta categoría con 4 participantes. 

Aquí os tedes cas súas camisetas da A.D. Zas preparados para competir;


Vídeo da saída:


Máis tarde, tocoulles o turno as rapazas na categoría infantil femenino. Participaron en representación do centro educativo:

Ada Gramage.
Alicia Andrade.

Cabe destacar que as vosas compañeiras, fixeron un excelente papel na proba. Xa que tiveron que medirse a duras rivais de clubs e asociacións deportivas de atletismo. 
Aquí as tedes:

Buscando sito para efectuar unha boa saída:

Vídeo da saída:

Foto de Ada no transcurso da carreira:


Destacar que aínda que o traxecto en bus fíxose un pouco longo, podemos dicir que pasamos un día estupendo de deporte en compañía de compañeiros/as e rivais, no cal vivimos novas experiencias que fan que aprendamos valores imprescindibles para a vida diaria.

Aquí unha foto de todos/as para levar na memoria desta experiencia:

Ningún comentario:

Publicar un comentario