Ola ximnast@s!
A Ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport, é unha disciplina deportiva da ximnasia, na que existen distintas modalidades. Seguro que coñecedes a voltereta, o pino ou a roda lateral, verdade? No acrosport, ademáis, realizaremos figuras como as que aparecen nas imaxes.
Neste deporte hai diferentes posicións para cada compañeiro/a e é moi importante a seguridade (posición do corpo, apoios sobre os compañeir@s, tipo de agarre das máns...).
Queredes saber máis sobre este deporte? Aprenderede moito más sobre o acrosport nesta presentación que tedes a continuación:
Aquí un adianto dalgunhas sesiòns con posturas de acrosport realizadas polo alumnado de cuarto e quinto de educación primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario