Xornada Deportiva Intercentros

Ola deportistas!

O xoves 2 de maio, recibimos no centro a grata visita do CEIP Labarta Pose. Viñeron  a acompañarnos e desfrutar dunha xornada predeportiva. Gozamos practicando os seguintes deportes; balonman, fútbol, baloncesto, brilé e xogando as indiacas.

A verdade é que nos encanta recibir estas visitas, xa que sempre se fan novos amig@s, aprendemos cousas novas e practicamos diferentes deportes traballando en equipo, incidindo no xogo limpo,  o respeto e tendo como fin o gozo por pasalo ben por riba do resultado.

Que ben o pasamos!!

Aquí vos deixamos un resumo da xornada deportiva.

Encargados material recreo

Ola zaseir@s!

No mes de maio, os encargados para custodiar o material deportivo en préstamo no recreo será o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que aparece no calendario. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!



Xornada nº 5 Basket

Ola!

O martes 30 de abril, levouse a cabo a quinta xornada da liga de basket e a competición de tiro a canastra por equipos. A nosa reporteira deportiva Alicia foi a encargada de facer o reportaxe da xornada que poderedes ver no seguinte vídeo.

Xornada nº 3 e 4 Basket

Ola baloncestist@s!!🏀🏀🏀🏀🏀🏀🏀

Nesta entrada deixamos os vídeos correspondentes as xornadas nº 3 e 4 da liga de basket levada a cabo na semana do 23 ao 26 de abril de 2019.

Observade as  mellores xogadas do equipo, as estratexias do equipo rival, a técnica de tiro.....e .....moito ánimo e esforzo para intentar mellorar aínda máis no resto de xornadas que quedan!!

Xornada nº 2 Basket

Ola deportist@s!

Como xa sabedes antes do parón das vacacións de Semana Santa, comezamos unha nova liga de basket que se realizará durante un mes aproximadamente no
3º trimestre.

Esta competición, levarase a cabo os martes e xoves. No primeiro partido do día,enfrentaránse durante 10 minutos 2 equipos de 5º e 6º mixtos.Tras a finalización do partido tocaralles o turno ao alumnado de 3º e 4º, que disputarán unha competición de tiro a canasta por equipos.

Aquí vos deixamos os vídeos que amosan o partido e a competición de tiro a canastra, que se xogaron na segunda xornada da liga.

Animo campións!!!


Educación Vial

Ola!

O pasado venres 5 de abril, o alumnado de educación infantil e educación primaria participou nun obradoiro e circuíto de Educación Vial organizado pola Policía Local da localidade en colaboración ca Dirección Xeral de Tráfico (DXT). 

Aprendimos cómo debemos comportarnos na rúa e na estrada como peóns, ciclistas, usuarios de monopatíns e karts. 

Foi unha experiencia de aprendizaxe inesquecible!!