Ola deportistas!
O xoves 2 de maio, recibimos no centro a grata visita do CEIP Labarta Pose. Viñeron a acompañarnos e desfrutar dunha xornada predeportiva. Gozamos practicando os seguintes deportes; balonman, fútbol, baloncesto, brilé e xogando as indiacas.
A verdade é que nos encanta recibir estas visitas, xa que sempre se fan novos amig@s, aprendemos cousas novas e practicamos diferentes deportes traballando en equipo, incidindo no xogo limpo, o respeto e tendo como fin o gozo por pasalo ben por riba do resultado.
Que ben o pasamos!!
Aquí vos deixamos un resumo da xornada deportiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario