Charla VI Circuíto Correndo pola Costa da Morte

Ola!

O martes 7 de maio, recibimos unha visita especial no centro educativo. Todo o alumnado de Primaria e 1º ciclo da ESO disfrutou da visita nin máis nin menos dun campión do mundo na modalidade de OCR Élite Racer. 

Tratase de Damián Espasandín Lema, veciño do Concello de Vimianzo que nos relatou a súa experiencia como deportista na modalidade de carreiras de obstáculos. Falounos da súa compañeira Paula Esteiro (Camariñas) que tamén participa na mesma modalidade que él na categoría feminina e que está conseguir moitos éxitos deportivos.

Comentounos tamén a importancia de realizar actividade física e animounos a tod@s, pequenos e grandes a participar no VI Circuíto Correndo pola Costa da Morte, do cal él é o padriño deste ano. Aquí fixo unha mención especial a Sara Vieites, unha nena de 11 anos, que a pesar da súas limitacións físicas, e un exemplo de superación e constancia xa que participa todos os anos en todas as carreiras do circuíto. 

Así que, xa sabedes o sábado 1 de xuño pola tarde, tedes unha cita en Zas para pasar un día estupendo facendo deporte en compañía de amigos/as. 
Recordade que para inscribiros tedes que facelo vía internet usando o seguinte enlace;https://championchipnorte.com/circuito/vi-circuito-de-carreiras-populares-correndo-pola-costa-da-morte-2019#

Posteriormente Fidel o concelleiro de deportes do Concello, tamén nos falou do Duatlón das Letras Galegas que se vai a levar a cabo en Baio o venres 17 de maio. Tedes que traer ao colexio as inscripcións que vos diu Fidel na charla antes do venres 10 de maio. Aquí tedes máis información;
https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/index.php?id=8929

Recordade que as inscripcións para os nenos/as son gratuítas. 



Aquí deixamos un vídeo resumo da charla de Damián Espasandían ao que lle damos as grazas de corazón por acercarnos a coñecer un novo deporte e sobretodo a facernos entender que temos campións do mundo cerca da nosa casa e que con esforzo, constancia e tesón cada quen pode conseguir os seus soños se traballa arreo para conseguilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario