Seguimos na casa!! Actividades para 3º e 4º E.P.

Ola familias e alumnado do CPI de Zas.

Durante ás próximas semanas de confinamento na casa, dende a área de educación física, propóñemoslle  ao alumnado do 2º ciclo (3º e 4º de E.P.), que fagan as actividades propostas que se atopan no seguinte enlace:


O primeiro documento que teredes que seleccionar na carpeta de drive e o que está titulado "activs. e.f. 2º ciclo na casa". Nese documento tedes ás instruccións das actividades que de carácter voluntario podedes facer na casa co fin de estar en forma e seguir repasando os contidos da área de educación física.

Se queredes comunicarme algo, facer algunha pregunta ou suxestión,  mandar as tarefas e traballos realizados, fotos ou vídeos practicando exercico físico na casa etc. Podedes envialas ao seguinte email:



Un saúdo e Moito Ánimo!! Xuntos o conseguiremos!!

Cristina, a mestra de E.F. do CPI de Zas.

Seguimos quedando na casa!! 1º ciclo Educación Primaria

Ola familias e alumnado do CPI de Zas.


Durante ás próximas semanas de confinamento na casa, dende a área de educación física, propóñemoslle  ao alumnado do 1º ciclo (1º e 2º de E.P.), que fagan algunhas actividades das seguintes que atoparán no seguinte enlace:


O primeiro documento que teredes que seleccionar e o que está titulado "activs. e.f. 1º ciclo na casa". Nese documento tedes ás instruccións das actividades que de carácter voluntario podedes facer na casa co fin de estar en forma e seguir repasando os contidos da área de educación física.

Se queredes comunicarme algo, facer algunha pregunta ou suxestión,  mandar os debuxos e traballos realizados, fotos ou vídeos practicando exercico físico na casa etc. Podedes envialas ao seguinte email:




Un saúdo e Moito Ánimo!! Xuntos o conseguiremos!!

Cristina, a mestra de E.F. do CPI de Zas.

O CPI DE ZAS, QUEDA NA CASA

Ola deportist@s!

Para levar máis amena a situación actual que estamos a vivir por mor do COVID-19, deíxovos unha serie de actividades e propostas relacionadas ca educación física para que sigades estando en forma dende as vosas casas. 

Moito Ánimo e paciencia!!

Pinchando no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1cH744un2XQdbNQ6JJnj5rpZkpjuvOR94?usp=sharing


Atoparedes diferentes propostas e actividades para realizar na casa como a consecución de 14 retos físicos co fin de realizar un por día, 70 ideas de xogos para realizar na casa,etc.

Si vos animades tamén me gustaría, que como fai pouco que se conmemorou o 8M DÍA DA MULLER TRABALLADORA, colaboredes na investigación que tamén lles propusen facer ao alumnado de 5º e 6º de E.P.  sobre ás mulleres deportistas españolas.

Neste vídeo amósanse algunhas das deportistas españolas que máis destacan nas súas diferentes disciplinas:



Podedes escoller a deportista española que queirades e logo crear un póster cas  seguintes indicacións;



Outras webs onde podedes ter recursos para traballar contidos relacionadas ca educación física son:

http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/alumnos.html

http://roble.pntic.mec.es/arum0010/temas/masefisica.htm

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/4614841-educacion_fisica_deporte.html

Iniciámonos nos deportes de raqueta

Ola deportist@s!

Como sabedes o alumnado de 5º e 6º E.P. comezou a practica dos denominados deportes de raqueta (tenis, pádel, tenis de mesa, bádminton....) Neste caso incidiremos no coñecemento e práctica do bádminton e algo de tenis e palas.

Aquí vos deixo algúns vídeos e enlaces para que repasedes e vos poñades o día sobre ditos deportes.

Primeiro vamos a ver estes vídeos nos que Berni practica diferentes deportes de raqueta:

Bádminton 



Pádel

Tenis

Tenis de Mesa


Agora toca aprender o básico do reglamento do bádminton:



 Agora un vídeo de Carolina Marín a deportista española que triunfa a nivel mundial no Bádminton.



Clicando neste enlace podedes contestar a unhas preguntas sobre o que sabedes do bádminton;



Tamén podedes facer o cuestionario sobre o repaso do bádmintos introducindo este código pin 0600534 no enlace https://kahoot.it/

ACROSPORT NO CPi de ZAS

Ola ximnast@s!

A Ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport, é unha disciplina deportiva da ximnasia,  na que existen distintas modalidades. Seguro que coñecedes a voltereta, o pino ou a roda lateral, verdade? No acrosport, ademáis, realizaremos figuras como as que aparecen nas imaxes.


Neste deporte hai diferentes posicións para cada compañeiro/a e é moi importante a seguridade (posición do corpo, apoios sobre os compañeir@s, tipo de agarre das máns...).


Queredes saber máis sobre este deporte? Aprenderede moito más sobre o acrosport nesta presentación que tedes a continuación:







Aquí un adianto dalgunhas sesiòns con posturas de acrosport realizadas polo alumnado de cuarto e quinto de educación primaria.


8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Boas deportist@s!

Como sabedes hoxe  conmemórase o Día da Muller Traballadora. Todos e todas estamos rodeados de grandes mulleres traballadoras; avoas, nais, irmáns, fillas, amigas...polo que podemos decir que son as nosas heroínas, xa que son as mulleres da nosa vida, as que nos inspiran , as que nos dan refuxio, amor incondicional, as que nos ensinan a crecer e a loitar para avanzar no cometido desexado, etc. Por todas elas deberiamos ter presente o  DÍA DA MULLER TRABALLADORA ONTE, HOXE E MAÑA.

Tendo en conta dita conmemoración imos aproveitar esta temática para reflexionar e traballar o papel da muller no deporte.

Poderíamos considerar que a práctica do deporte comeza na antigüidade cos gregos, que o practicaban orixinalmente en actos relixiosos, en honra aos deuses e en imitación das heroicas fazañas. ¿Sabías que nestas competicións estaba prohibido non só a participación das mulleres, senón tamén a súa mera presenza.

Moitos séculos despois, a primeira edición de hoxe coñecida como Xogos Olímpicos tivo lugar en Atenas en 1896. Non obstante, a presenza de mulleres no deporte tivo que esperar aínda máis, xa que ao longo de varios anos tiveron que romper as barreiras estereotipos (a suposta inferioridade física), barreiras sociais (o papel da muller e a masculinización do seu corpo), asuncións e prexuízos (deportes cada vez menos axeitados para eles). Grazas á valentía e tenacidade dalgunhas destas mulleres que se atreveron a desafiar a orde establecida nesta e noutras áreas da sociedade, hoxe temos grandes referencias que pasaron á historia do deporte e que inspiran a miles de nenas que Poden dicir:

"Podo ser ... futbolista, escaladora, nadadora,piloto...".

Actualmente somos conscientes do gran potencial que teñen as mulleres no deporte? Coñecemos moitas deportistas españolas que estén triunfando a nivel mundial ca práctica deportiva?

O alumnado de 5º e 6º de E.P. terá como misión investigar sobre o papel da muller no deporte femenino en España. Terá que confeccionar un póster que conteña:


Aquí vos deixo un vídeo que vos pode axudar a darvos unha idea sobre que deportistas podedes enfocar o voso traballo, ÁNIMO!!