Séptima xornada de Esquivar e Dar

Bo día!

Os reporteiros gráficos da séptima xornada de Esquivar e Dar, nesta ocasión foron Ada de 5º de E.P. e Braian de 4º de E.P. Voluntariamente ofrecéronse para retransmitir en directo o desenvolvemento dos partidos disputados na xornada do xoves 14 de marzo.

Moitas grazas raparig@s!!


Visita especial para conmemorar o Día da Muller

Ola zaseir@s!

O mércores 13 de marzo o alumnado que cursa 1º, 2º e 3º de educación primaria recibiu unha visita moi especial. Tivemos a gran sorte de recibir a gran piloto de Rally, Autocross e Kartcross; "Sandra García Cambón". 





A piloto, natural de Ponteceso e a única piloto galega en competir no nacional absoluto de autocross, é unha das poucas mulleres que compite ao máis alto nivel no deporte das catro rodas. 

Contounos que empezou a competir no 2008 en diferentes Rallys, que é ela a que fai de mecánica do seu coche de carreiras, a que se encarga de buscar patrocinadores para poder competir, ensinounos o seu casco de competición, a vestimenta que emprega; botas, mono... 




Fixemoslle un montón de preguntas que ela respondeu de forma moi amable e sempre cun sorriso nos beizos.

Quedamos encantados de coñecela e saber moito máis da súa faceta como muller deportista nun mundo tradicionalmente copado por homes.

Ofrecimoslle moitos ánimos para que siga deixando o listón moi alto en todas as súas carreiras e que siga cumplindo os seus soños.



Moitas grazas pola túa visita!!!

Sexta Xornada Esquivar e Dar

Ola de novo!

Hoxe relatan a sexta xornada de Esquivar e Dar as nosas compañeiras e reporteiras deportivas, Mara de 4º de E.P. e Andrea de 6º de E.P. 

Moitas Grazas!!

Quinta Xornada Esquivar e Dar


Ola zaseir@s!

Na quinta xornada de Esquivar e Dar, Adrián de 5º de E.P. e Laura A. de 6º E.P. foron os encargados de facer a reportaxe desta sección deportiva. 
Moitas grazas! 

Aquí tedes ás gravacións;


Provincial Campo A Través

Ola!

Son Ada,o pasado venres 25 de  febreiro, fun ao Campeonato Provincial de Campo A través que se disputaba en Noia.

Acompañáronme os meus pais. Ese día paseino xenial disfrutando dunha mañá estupenda en familia. Eu competín na categoría alevín femenino, tiña que correr 800 metros. Cabe destacar que de 60 corredoras que participaban, quedei en decimocuarta posición.

Nesa carreira, aprendín o gran esforzo de crer que cando pensas que xa non podes máis.... sorpréndeste ata a ti mesmo, porque eu no tramo final non sei de onde saquei forzas para conseguir adiantar a 3 rivais no último tramo da meta.

Aínda que me quedei as portas do Campeonato Galego de Campo A Través, quedei moi satisfeita e orgullosa coa miña participación representando ao CPI de Zas.

Aquí quedan unhas imaxes da miña participación no Campionato Provincial de Campo A Través. Espero que vos gusten!!






Encargados material mes de marzo

Ola de novo!

Deixamos aquí o calendario cos encargados de facer o préstamo do material deportivo nos recreos.No mes de marzo, tócalles o turno ao alumnado de 3º de educación primaria.
Grazas pola vosa colaboración!!