Xogamos ao Datchball

Ola deportistas!

No segundo trimestre do curso,durante o tempo de recreo, levouse a cabo a práctica dun novo deporte alternativo chamado "Datchball".

Cabe destacar que esta nova práctica deportiva, que incide principalmente na cooperación e no xogo limpo por parte de todos os seus participantes, tivo moi boa acollida por parte do alumnado do noso centro, como así se amosa no vídeo que podedes ver a continuación:




Seguide xogando a 3,2,1.... Datchball!!

Xornada Deportiva Intercentros 3º e 4º de E.P.

Ola de novo!

Nesta entrada toca facer mención ao alumnado do centro que cursa 3º e 4º de E.P. Xa que o martes 28 de xaneiro, desprazouse a Sta Comba para levar a cabo unha xornada deportiva intercentros co Colexio Nosa Señora da Inmaculada.

Esta actividade enmarcada dentro do programa XOGADE permite que o alumnado do CPI de Zas disfrute en compañía doutros alumnos/as de localidades próximas da práctica de deportes como o balonmán, fútbol e brilé.  

Aquí unha mostra da estupenda xornada deportiva levada a cabo:


Xornada Deportiva Intercentros Secundaria

Ola!

O xoves 23 de xaneiro, o alumnado da ESO do CPI de Zas desprazouse a Baio para vivir unha xornada deportiva intercentros (XOGADE). 

Nas instalacións do  I.E.S. Maximino Romero de Lema practicáronse deportes como baloncesto, fútbol, voleibol e balonman.

Aquí tedes un vídeo resumo da xornada:



Xornada Deportiva Intercentros

Ola deportist@s!

O pasado xoves 23 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de E.P. do centro, desplazouse a Baio para disputar unha xornada multideportiva co CEIP Labarta Pose.

Esta xornada, que forma parte do programa XOGADE permitiu que se levara a cabo unha xuntanza de convivencia  entre o alumnado do concello de Zas practicando diferentes deportes como foron o baloncesto, fútbol, balonmán e brilé.

Aquí tedes un vídeo resumo da xornada:

Fase Intercomarcal Campo a Través

Boas deportist@s!!

Medio millar de rapaces e rapazas, entre os cales se atopaban seis alumnos/as do CPI de Zas participaron o pasado venres 17 de xaneiro, na fase intercomarcal de la Liga Xogade de campo a través celebrada en Noia.

Na categoría benxamín masculino estaban convocados a participar: 


Manuel Antelo.
Iván Bouzas.
Christian López.
Darío Negreira.
Adrián Ferreiro.
Brais Recarey.

Por enfermidade ausentáronse Adrián e Brais, así que competimos nesta categoría con 4 participantes. 

Aquí os tedes cas súas camisetas da A.D. Zas preparados para competir;


Vídeo da saída:


Máis tarde, tocoulles o turno as rapazas na categoría infantil femenino. Participaron en representación do centro educativo:

Ada Gramage.
Alicia Andrade.

Cabe destacar que as vosas compañeiras, fixeron un excelente papel na proba. Xa que tiveron que medirse a duras rivais de clubs e asociacións deportivas de atletismo. 
Aquí as tedes:

Buscando sito para efectuar unha boa saída:

Vídeo da saída:

Foto de Ada no transcurso da carreira:


Destacar que aínda que o traxecto en bus fíxose un pouco longo, podemos dicir que pasamos un día estupendo de deporte en compañía de compañeiros/as e rivais, no cal vivimos novas experiencias que fan que aprendamos valores imprescindibles para a vida diaria.

Aquí unha foto de todos/as para levar na memoria desta experiencia:

Inicio Liga Multideportiva nos recreos

Ola deportist@s!

No 2º trimestre escolar os cursos de 5º e 6º de E.P. comezarán a disputar nos recreos diferentes disciplinas deportivas. Realizaremos pois, unha pequena liga que ten como fin a práctica dos seguintes deportes; basket, brilé, fútbol e balonmán.








Aquí colgamos as primeiras imaxes e vídeos dos partidos disputados nas dúas primeiras xornadas:


Flacer

Os Multixogadores

Árbitr@s Pandilla Sport.


Vídeo 1ª xornada Flacer vs Os Multixogadores.


Pandilla Sport


Árbitros Os multixogadores



Vídeo partido 2ª Xornada Pandilla Sport vs Flacer