8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Boas deportist@s!

Como sabedes hoxe  conmemórase o Día da Muller Traballadora. Todos e todas estamos rodeados de grandes mulleres traballadoras; avoas, nais, irmáns, fillas, amigas...polo que podemos decir que son as nosas heroínas, xa que son as mulleres da nosa vida, as que nos inspiran , as que nos dan refuxio, amor incondicional, as que nos ensinan a crecer e a loitar para avanzar no cometido desexado, etc. Por todas elas deberiamos ter presente o  DÍA DA MULLER TRABALLADORA ONTE, HOXE E MAÑA.

Tendo en conta dita conmemoración imos aproveitar esta temática para reflexionar e traballar o papel da muller no deporte.

Poderíamos considerar que a práctica do deporte comeza na antigüidade cos gregos, que o practicaban orixinalmente en actos relixiosos, en honra aos deuses e en imitación das heroicas fazañas. ¿Sabías que nestas competicións estaba prohibido non só a participación das mulleres, senón tamén a súa mera presenza.

Moitos séculos despois, a primeira edición de hoxe coñecida como Xogos Olímpicos tivo lugar en Atenas en 1896. Non obstante, a presenza de mulleres no deporte tivo que esperar aínda máis, xa que ao longo de varios anos tiveron que romper as barreiras estereotipos (a suposta inferioridade física), barreiras sociais (o papel da muller e a masculinización do seu corpo), asuncións e prexuízos (deportes cada vez menos axeitados para eles). Grazas á valentía e tenacidade dalgunhas destas mulleres que se atreveron a desafiar a orde establecida nesta e noutras áreas da sociedade, hoxe temos grandes referencias que pasaron á historia do deporte e que inspiran a miles de nenas que Poden dicir:

"Podo ser ... futbolista, escaladora, nadadora,piloto...".

Actualmente somos conscientes do gran potencial que teñen as mulleres no deporte? Coñecemos moitas deportistas españolas que estén triunfando a nivel mundial ca práctica deportiva?

O alumnado de 5º e 6º de E.P. terá como misión investigar sobre o papel da muller no deporte femenino en España. Terá que confeccionar un póster que conteña:


Aquí vos deixo un vídeo que vos pode axudar a darvos unha idea sobre que deportistas podedes enfocar o voso traballo, ÁNIMO!!

Xogamos ao Datchball

Ola deportistas!

No segundo trimestre do curso,durante o tempo de recreo, levouse a cabo a práctica dun novo deporte alternativo chamado "Datchball".

Cabe destacar que esta nova práctica deportiva, que incide principalmente na cooperación e no xogo limpo por parte de todos os seus participantes, tivo moi boa acollida por parte do alumnado do noso centro, como así se amosa no vídeo que podedes ver a continuación:




Seguide xogando a 3,2,1.... Datchball!!

Xornada Deportiva Intercentros 3º e 4º de E.P.

Ola de novo!

Nesta entrada toca facer mención ao alumnado do centro que cursa 3º e 4º de E.P. Xa que o martes 28 de xaneiro, desprazouse a Sta Comba para levar a cabo unha xornada deportiva intercentros co Colexio Nosa Señora da Inmaculada.

Esta actividade enmarcada dentro do programa XOGADE permite que o alumnado do CPI de Zas disfrute en compañía doutros alumnos/as de localidades próximas da práctica de deportes como o balonmán, fútbol e brilé.  

Aquí unha mostra da estupenda xornada deportiva levada a cabo:


Xornada Deportiva Intercentros Secundaria

Ola!

O xoves 23 de xaneiro, o alumnado da ESO do CPI de Zas desprazouse a Baio para vivir unha xornada deportiva intercentros (XOGADE). 

Nas instalacións do  I.E.S. Maximino Romero de Lema practicáronse deportes como baloncesto, fútbol, voleibol e balonman.

Aquí tedes un vídeo resumo da xornada:



Xornada Deportiva Intercentros

Ola deportist@s!

O pasado xoves 23 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de E.P. do centro, desplazouse a Baio para disputar unha xornada multideportiva co CEIP Labarta Pose.

Esta xornada, que forma parte do programa XOGADE permitiu que se levara a cabo unha xuntanza de convivencia  entre o alumnado do concello de Zas practicando diferentes deportes como foron o baloncesto, fútbol, balonmán e brilé.

Aquí tedes un vídeo resumo da xornada:

Fase Intercomarcal Campo a Través

Boas deportist@s!!

Medio millar de rapaces e rapazas, entre os cales se atopaban seis alumnos/as do CPI de Zas participaron o pasado venres 17 de xaneiro, na fase intercomarcal de la Liga Xogade de campo a través celebrada en Noia.

Na categoría benxamín masculino estaban convocados a participar: 


Manuel Antelo.
Iván Bouzas.
Christian López.
Darío Negreira.
Adrián Ferreiro.
Brais Recarey.

Por enfermidade ausentáronse Adrián e Brais, así que competimos nesta categoría con 4 participantes. 

Aquí os tedes cas súas camisetas da A.D. Zas preparados para competir;


Vídeo da saída:


Máis tarde, tocoulles o turno as rapazas na categoría infantil femenino. Participaron en representación do centro educativo:

Ada Gramage.
Alicia Andrade.

Cabe destacar que as vosas compañeiras, fixeron un excelente papel na proba. Xa que tiveron que medirse a duras rivais de clubs e asociacións deportivas de atletismo. 
Aquí as tedes:

Buscando sito para efectuar unha boa saída:

Vídeo da saída:

Foto de Ada no transcurso da carreira:


Destacar que aínda que o traxecto en bus fíxose un pouco longo, podemos dicir que pasamos un día estupendo de deporte en compañía de compañeiros/as e rivais, no cal vivimos novas experiencias que fan que aprendamos valores imprescindibles para a vida diaria.

Aquí unha foto de todos/as para levar na memoria desta experiencia: