O pasado martes 12 de febreiro, o alumnado de educación infantil e de educación primaria, gozou como nunca cunha visita moi especial realizada ao Museo Etnolúdico (MELGA), situado no Concello de Ponteceso.
No museo, da man da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, adentrámonos a coñecer a historia e o valor cultural e lúdico da maioría dos xoguetes e xogos populares e tradicionais de Galicia, doutras comunidades españolas e incluso de distintos lugares do mundo.
Cabe destacar que a nosa visita ao MELGA foi a primeira visita guiada en inagurar a tempada neste ano 2019. Pinchando debaixo da foto grupal que fixemos de recordo, poderedes ler a noticia que saíu en prensa.
Visita ao Melga from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario