Mascotas Deportivas

Ola de novo!

Esta entrada, ten por finalidade agradecer públicamente a todo o alumnado que participou no concurso de mascotas deportivas, xa que contamos cun gran nivel de participación e de calidade dos traballos realizados. 

Na elección das mascotas participou toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e persoal non docente, aportou o seu voto para decidir cal sería a mascota que levase o selo deportivo do centro.

Nas primeiras votacións, selecionáronse  un total de 18 mascotas. (Dúas por curso máis ou menos).

Son as seguintes:



Posteriormente, o profesorado e o persoal non docente, fixo outra segunda elección para escoller as tres millores mascotas. 

As elexidas foron as creadas por Alexandro, Miriam e Andrea. 

Aquí as podedes visualizar:



E... finalmente, nunha derradeira votación, a mascota deportiva que representará ao CPI de Zas será Wolfy, a mascota creada pola alumna de 4º de ESO, Miriam Parajó. Noraboaa!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario