Ola raparig@s!
Este martes 19 de febreiro, recibimos no centro a visita do CPI A Picota de Mazaricos coa finalidade de vivir unha xornada lúdica e multideportiva.
O alumnado que cursa 3º e 4º de E. P. xogou en compañía do alumnado de A Picota practicando diferentes modalidades deportivas que foron; balonman, baloncesto, brilé e fútbol.
Durante cerca de hora e media, os xogadores/as, gozaron da realización de deporte tendo como premisa os valores de; xogo limpo, o compañerismo, a solidariedade, a amizade, a diversidade e a convivencia como pilares fundamentais que todo deportista e persoa debe ter presente no seu día a día.
Aquí deixamos o pequeno vídeo resumo da xornada;
Xornada Multideportiva CPI de Zas-CPI A Picota from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.
Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario