Conmemoración do Día do DXT Escolar

Ola deportist@s!!

Noraboaaa!!! Quero felicitarvos pola vosa entrega e participación na celebración da Semana Europea do Dxt.

O alumnado de 2º de ESO realizou mediante proposta da súa profesora de educación física, uns fermosos carteis co fin de publicar e anunciar a celebración no centro educativo da semana europea do deporte, aquí tedes unha proba do póster seleccionado para tal fin:




Primeiramente agradecervos a vosa boa predisposición e interese na participación de forma voluntaria nos recreos activos realizando diferentes xogos e actividades físicas como; baloncesto, xogos de raqueta, xogos alternativos e xogos tradicionais como o brilé. 

Por medio desta proposta, non solo se fixo deporte e actividade física, senon que, ademais se fomentaron as relacións sociais e a convivencia entre o alumnado de diferentes idades e cursos, aprendendo uns de outros valores de respeto, tolerancia e igualdade.

Aquí tedes o vídeo dos recreos activos levados a cabo na semana do 20 ao 26 de setembro; 




O venres 27 de setembro, como broche final para rematar a semana europea do deporte, celebrouse no centro o Día do Dxt Escolar.  

De 11:20 a 12:50 horas, nas instalacións deportivas do centro educativo, organizouse  un gran círcuíto de 9 estacións deportivas.

Nelas todo o alumnado  do centro, gozou da realización de diferentes actividades deportivas como foron; baile, actividades de loita, tenis de mesa, fútbol, balonman, brilé, xogos tradicionais, baloncesto... todo isto foi posible grazas a estimable axuda do alumnado de 4º de ESO que colaborou como voluntario para realizar as labores de monitor deportivo. 

Agradecer tamén a Miguel e a J. Antonio que nos ofreceron a posibilidade de coñecer de cerca o tenis de mesa e a Emilio que organizou uns xogos de fútbol co fin de animar ao alumnado de Zas a practicalo no seu tempo de lecer. Moitas grazas!!

Pásamolo de marabilla!!! Así que esperemos que para o ano que vén, sigamos celebrando a Semana Europea e o Día do Deporte con máis gañas e mellor!!!

Aquí un vídeo resumo da xornada; 


A ESSD 2019 remitíunos xa, o certificado qe amosa a nosa participación na V EDICIÓN DA EUROPEAN WEEK OF SPORT BE ACTIVE!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario