Ola!
Empezamos con forza o mes de setembro, xa que a última semana do mes, o centro educativo vai a colaborar na celebración da Semana Europea do Deporte Escolar.
Trátase dunha iniciativa proposta pola Comisión Europea, que ten como fin a promoción da práctica deportiva saudable dos ciudadanos europeos. Este ano o lema a seguir é: BE ACTIVE (MANTENTE ACTIVO).
Nos recreos de Educación Primaria, organizaremos durante a semana do 20 ao 27 de setembro, diferentes actividades deportivas. A finalidade e que o alumnado ocupe o seu tempo de lecer dunha forma saudable facendo deporte en compañía dos seus compañeir@s mediante a práctica de diferentes xogos e deportes. Aquí tedes o calendario proposto:
Estade ben atentos, porque o próximo venres 27 de setembro, realizaremos no cole, como broche final unha gran celebración do DÍA DO DEPORTE ESCOLAR.
ESTADE PREPARADOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario