SEMANA EUROPEA DO DXT ESCOLAR


Ola!

Empezamos con forza o mes de setembro, xa que a última semana do mes, o centro educativo vai a colaborar na celebración da Semana Europea do Deporte Escolar. 

Trátase  dunha iniciativa proposta pola Comisión Europea, que ten como fin a promoción da práctica deportiva saudable dos ciudadanos europeos. Este ano o lema a seguir é: BE ACTIVE (MANTENTE ACTIVO).

Nos recreos de Educación Primaria, organizaremos durante a semana do 20 ao 27 de setembro, diferentes actividades deportivas. A finalidade e que o alumnado ocupe o seu tempo de lecer dunha forma saudable facendo deporte en compañía dos seus compañeir@s mediante a práctica de diferentes xogos e deportes. Aquí tedes o calendario proposto:
 
Estade ben atentos, porque o próximo venres 27 de setembro, realizaremos  no cole, como broche final unha gran celebración do DÍA DO DEPORTE ESCOLAR.
ESTADE PREPARADOS!!

Benvidos ao curso 2019-20

Ola deportistas!!
Resultado de imagen de volta ao cole

Voltamos un curso máis, e espero que sexa cas pilas cargadas!! 


Desexo que neste curso escolar, teñades moitas ganas de aprender e que sigades apreciando a valorar a  importancia que xoga a actividade física  na nosa saúde, na nosa mente e nas relacións cos demais, onde o respeto hacia os compañeiros/as, adultos e  mestres, sexa a nosa principal meta a alcanzar.

Ánimo zaseir@s!

Hábitos Alimenticios e Posturais

Ola!

O alumando que cursa 2º E.P. guiado pola súa titora Lara Vázquez, levou a cabo varias actividades enfocadas no traballo da alimentación saudable por medio da dieta equilibrada e a importancia do consumo de froitas. 

Aquí tedes unha mostra das tarefas realizadas.




Tamén realizaron varias sesións de ioga na aula que tiñan por finalidade incidir na respiración, a relaxación e a postura corporal.  

Aquí tedes os alumnos/as de 2º E.P. practicando unha sesión na aula.

Bo traballo!!


< />

Xornada Lúdica e Cultural nas Torres do Allo.

Boas Zaseir@s! 

O venres 31 de maio, o alumnado de Educación Infantil e Primaria participou e gozou nunha xornada especial de cultura e deporte levada a cabo nun emblemático e tradicional espazo da localidade; "As Torres do Allo".

Nas Torres do Allo,  os monitores Leo e Raquel distribuíronos en 3 grupos. Primeiro, realizáronos unha xenial visita guiada por todo o espazo interior  e exterior das Torres no cal poidemos coñecer os elementos máis representativos do pazo, as edificacións,  hórreos, pombais, igrexas, torres, as fontes, o medio natural ....

Posteriormente o alumnado de educación infantil, realizou un obradoiro de sementes mentres o alumnado de primaria participou nunha divertídisima gymkhana cultural de pistas. 

Posteriormente tras recargar pilas ca merenda,volvimos a carga para participar  nos diferentes xogos populares e tradicionais organizados para a ocasión aproveitando os xardíns do Pazo.  Xogamos ao pano, a petanca, ao brilé, ás carreiras de sacos, a comba,relevos de millo, ao soga tira....

Rematados os xogos, púxemonos cómodos e aproveitando ás sombras das árbores aproveitamos para xantar todos xuntos en convivencia.

Gozamos da compañia, da música tradicional, o bo tempo, o medio natural... cabe destacar que o pasamos🎉🎉🎈 BOOMBA!!!💣💣💣💣

Aquí está o vídeo resumo;

Mascotas Deportivas Vectorizadas

Ola deportist@s!

Lembrade que a partir deste curso 2019, a mascota deportiva que representará o CPI de Zas será o lobo "Wolfy". A mascota creada pola vosa compañeira Miriam Parajó (4º de ESO) foi a gañadora do concurso de mascotas.


Pois o profesor de debuxo Nacho Pascual e o grupo de 4º de ESO do centro educativo, fixeron un espectacular traballo de edición de imaxes. Partindo dos debuxos orixinais das mascotas  semifinalistas, vectorizaron de forma dixital as imaxes conseguindo que as mascotas fosen máis explosivas e chamativas para o espectador. Fixeron un traballo xenial!! NORABOA!!!

Aqui tedes a foto cos debuxos orixinais das mascotas semifinalistas:



Debuxo orixinal presentado por Miriam Parajó gañadora do concurso de mascotas con Wolfi:





Vectorización da mascota Wolfy feita por Mario de 4º de ESO:



Aquí tedes o vídeo resumo do espectacular traballo de vectorización do alumnado de 4º de ESO baixo a supervisión do seu profesor Nacho Pascual. 

Xornada 8 e 9 de Basket

Ola deportist@s!

Nesta entrada, deixamos un vídeo resumo do acontecido na xornadas oito e nove da liga de basket e da competición de tiro a canastra por equipos levadas a cabo nos recreos.

Soamente quedan 3 xornadas para rematar a competición, así que traballade en equipo e afinade a puntería para intentar conseguir o maior número de puntos posible para os vosos respectivos equipos.

Moito ÁNIMOOOOO!!🏀🏀🏀