Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades
e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
Ola! Nestes días toca disfrutar do Entroido e recargar pilas. Porén, deixamos no blogue a última reportaxe deportiva da cuarta xornada da liga de "equivar e dar" na que Mara e Aníbal fan de locutores do acontecido nos partidos de 3º/4º e 5º/6º de educación primaria. Moitas grazas a tod@s pola voso interese e participación.
Ola de novo!! O pasado xoves 21 de febreiro, disputouse no recreo a segunda xornada da liga do xogo "Esquivar e dar". A vosa compañeira Alicia Andrade de 6º de E.P., ofreciuse voluntaria para ser a reportera do día da sección de noticias deportivas. Aquí podedes ver a reportaxe deportiva que nos narrou Alicia en vivo e en directo, mentres se estaban a disputar os dous partidos previstos para ese día. Moitas grazas polo teu excelente traballo Alicia!! Dende aquí vos animamos a que sigades o exemplo de Alicia e que vos animedes a metervos na pel dun periodista deportivo por un día!!
1º Vídeo: Resumo da 2º xornada da liga 3º e 4º de E.P.
2º Vídeo: Resumo da 2º xornada da liga 5º e 6º de E.P.
Ola raparig@s! Este martes 19 de febreiro, recibimos no centro a visita do CPI A Picota de Mazaricos coa finalidade de vivir unha xornada lúdica e multideportiva. O alumnado que cursa 3º e 4º de E. P. xogou en compañía do alumnado de A Picota practicando diferentes modalidades deportivas que foron; balonman, baloncesto, brilé e fútbol. Durante cerca de hora e media, os xogadores/as, gozaron da realización de deporte tendo como premisa os valores de; xogo limpo, o compañerismo, a solidariedade, a amizade, a diversidade e a convivencia como pilares fundamentais que todo deportista e persoa debe ter presente no seu día a día. Aquí deixamos o pequeno vídeo resumo da xornada; Xornada Multideportiva CPI de Zas-CPI A Picota from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.
Ola de novo! Esta entrada, ten por finalidade agradecer públicamente a todo o alumnado que participou no concurso de mascotas deportivas, xa que contamos cun gran nivel de participación e de calidade dos traballos realizados. Na elección das mascotas participou toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e persoal non docente, aportou o seu voto para decidir cal sería a mascota que levase o selo deportivo do centro. Nas primeiras votacións, selecionáronse un total de 18 mascotas. (Dúas por curso máis ou menos). Son as seguintes:
Posteriormente, o profesorado e o persoal non docente, fixo outra segunda elección para escoller as tres millores mascotas. As elexidas foron as creadas por Alexandro, Miriam e Andrea. Aquí as podedes visualizar:
E... finalmente, nunha derradeira votación, a mascota deportiva que representará ao CPI de Zas será Wolfy, a mascota creada pola alumna de 4º de ESO, Miriam Parajó. Noraboaa!!!
Ola zaseir@s! O pasado martes 12 de febreiro, o alumnado de educación infantil e de educación primaria, gozou como nunca cunha visita moi especial realizada ao Museo Etnolúdico (MELGA), situado no Concello de Ponteceso. No museo, da man da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, adentrámonos a coñecer a historia e o valor cultural e lúdico da maioría dos xoguetes e xogos populares e tradicionais de Galicia, doutras comunidades españolas e incluso de distintos lugares do mundo. Cabe destacar que a nosa visita ao MELGA foi a primeira visita guiada en inagurar a tempada neste ano 2019. Pinchando debaixo da foto grupal que fixemos de recordo, poderedes ler a noticia que saíu en prensa.