Ola raparig@s!
Este martes 19 de febreiro, recibimos no centro a visita do CPI A Picota de Mazaricos coa finalidade de vivir unha xornada lúdica e multideportiva.
O alumnado que cursa 3º e 4º de E. P. xogou en compañía do alumnado de A Picota practicando diferentes modalidades deportivas que foron; balonman, baloncesto, brilé e fútbol.
Durante cerca de hora e media, os xogadores/as, gozaron da realización de deporte tendo como premisa os valores de; xogo limpo, o compañerismo, a solidariedade, a amizade, a diversidade e a convivencia como pilares fundamentais que todo deportista e persoa debe ter presente no seu día a día.
Aquí deixamos o pequeno vídeo resumo da xornada;
Xornada Multideportiva CPI de Zas-CPI A Picota from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.
Este blogue creouse coa finalidade de dar a coñecer as actividades e contidos relacionados ca educación física, o deporte e a saúde, e que, conforman o Proxecto Deportivo de Centro do CPI de Zas.
Mascotas Deportivas
Ola de novo!
Esta entrada, ten por finalidade agradecer públicamente a todo o alumnado que participou no concurso de mascotas deportivas, xa que contamos cun gran nivel de participación e de calidade dos traballos realizados.
Na elección das mascotas participou toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e persoal non docente, aportou o seu voto para decidir cal sería a mascota que levase o selo deportivo do centro.
Nas primeiras votacións, selecionáronse un total de 18 mascotas. (Dúas por curso máis ou menos).
Son as seguintes:
Posteriormente, o profesorado e o persoal non docente, fixo outra segunda elección para escoller as tres millores mascotas.
As elexidas foron as creadas por Alexandro, Miriam e Andrea.
Aquí as podedes visualizar:
E... finalmente, nunha derradeira votación, a mascota deportiva que representará ao CPI de Zas será Wolfy, a mascota creada pola alumna de 4º de ESO, Miriam Parajó. Noraboaa!!!

Visista ao MELGA
Ola zaseir@s!
O pasado martes 12 de febreiro, o alumnado de educación infantil e de educación primaria, gozou como nunca cunha visita moi especial realizada ao Museo Etnolúdico (MELGA), situado no Concello de Ponteceso.
No museo, da man da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, adentrámonos a coñecer a historia e o valor cultural e lúdico da maioría dos xoguetes e xogos populares e tradicionais de Galicia, doutras comunidades españolas e incluso de distintos lugares do mundo.
Cabe destacar que a nosa visita ao MELGA foi a primeira visita guiada en inagurar a tempada neste ano 2019. Pinchando debaixo da foto grupal que fixemos de recordo, poderedes ler a noticia que saíu en prensa.
Aquí tedes un vídeo resumo da xornada lúdica de xogos populares e tradicionais realizados no Melga que proba o ben que o pasamos.
Visita ao Melga from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.
O pasado martes 12 de febreiro, o alumnado de educación infantil e de educación primaria, gozou como nunca cunha visita moi especial realizada ao Museo Etnolúdico (MELGA), situado no Concello de Ponteceso.
No museo, da man da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, adentrámonos a coñecer a historia e o valor cultural e lúdico da maioría dos xoguetes e xogos populares e tradicionais de Galicia, doutras comunidades españolas e incluso de distintos lugares do mundo.
Cabe destacar que a nosa visita ao MELGA foi a primeira visita guiada en inagurar a tempada neste ano 2019. Pinchando debaixo da foto grupal que fixemos de recordo, poderedes ler a noticia que saíu en prensa.

Visita ao Melga from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.
Nova Liga nos Recreos "Esquivar e dar"
Ola raparig@s!
O pasado xoves 14 de febreiro, inaguramos no ximnasio do centro educativo unha nova liga nos recreos.
Nesta liga, levaremos a cabo un xogo de cooperación-oposición, similar ao brilé denominado "Esquivar e Dar". Cabe destacar, que para que os partidos sexan igualitarios en características físicas, faremos 2 ligas, por un lado competirán os alumn@s de 3º e 4º de E.P. e noutra liga o alumnado de 5º e 6º de E.P.
Xogaremos os partidos os martes e xoves. O 1º partido o disputarán o alumnado do 2º ciclo durante 10 min. Finalizado éste, daremos paso ao 2º partido, que será disputado polo alumnado do 3º ciclo.
A continuación amosamos ós equipos participantes:

Equipos esquivar e dar from cristinapalleiro
O próximo partido disputarase o xoves 21 de febreiro, aquí tedes o cartel da segunda xornada;

Encargados material recreos mes de febreiro
Ola!
No mes de febreiro, varios alumnos/as voluntarios de 6º de E.P., serán os encargad@s de custodiar o baúl de material deportivo nos recreos.
Moitas grazas!!
Aquí deixamos o calendario.

Remate Liga de Brilé nos recreos
Ola de novo!
O pasado xoves 31 de xaneiro, disputouse o último partido da liga de brilé que se levou a cabo durante os últimos meses.
O equipo gañador da liga foi o equipo "Maxipandilla", que cun total de 36 puntos, gañou todos os partidos que disputou de forma deportiva.
O equipo subcampeón foi o "Rompehuesos" cun total de 32 puntos.
O terceiro posto da liga o levaron dous equipos, xa que empataron a 30 puntos, éstes foron "Os increíbles" e os "Gañadores".
Parabéns para tod@s!!
Dar a noraboa a todos ós participantes polo seu esforzo, interese, xogo limpo e bo compañerismo levado a cabo.
Vídeo resumo liga brilé from CRISTINA PALLEIRO NOVO on Vimeo.
O pasado xoves 31 de xaneiro, disputouse o último partido da liga de brilé que se levou a cabo durante os últimos meses.
O equipo gañador da liga foi o equipo "Maxipandilla", que cun total de 36 puntos, gañou todos os partidos que disputou de forma deportiva.
O equipo subcampeón foi o "Rompehuesos" cun total de 32 puntos.
O terceiro posto da liga o levaron dous equipos, xa que empataron a 30 puntos, éstes foron "Os increíbles" e os "Gañadores".
Parabéns para tod@s!!
Dar a noraboa a todos ós participantes polo seu esforzo, interese, xogo limpo e bo compañerismo levado a cabo.
Como agasallo para todos os equipos participantes deixámos aquí un video resumo dalgunhas das xornadas que se levaron a cabo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)